ADEGA e a UDC, através OMA (Oficina de Medio Ambiente) veñen anovar o acordo de colaboración parao o curso 2015-1016 que nclúe actividades para ambientalizar os campus da Zapateira, Elviña e Oza.
As presidentas da Fundación Eira e de ADEGA-Lugo viaxan á India para estreitar lazos coa Casa de Galiza e a Universidade tagoreana de Santiniketan, fundada polo Nobel Rabindranath Tagore. Alí coñecerán o proxecto educativo de Xosé Paz.
O ciclo de roteiros anual de ADEGA-Lugo estará destinado durante este curso 2015-2016 a indagar a fondo na nosa memoria histórico-cultural e a visitar algúns dos elementos do patrimonio material máis antigo de Galiza.
O pasado fin de semana 12 persoas voluntarias participaron na xornada organizada pola asociación ecoloxista ADEGA na illa de Sálvora para a loita contra as especies invasoras.
A actuación enmárcase no “Programa de Educación, Divulgación e Voluntariado Ambiental para a Conservación de Especies e Hábitats", que conta co apoio da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Os pasados días 7, 8, 9, 10 e 11 de xullo de 2015 desenvolveuse en Torreira (Aveiro) o III Congreso Internacional de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal