Este 25 de outubro deu comezo o proxecto do Castro de Remonde (Palas) un espazo adquirido por ADEGA e a Fundación Eira para a custodia e posta en valor do noso patrimonio
Nun informe moi crítico coas administracións, o CCG considera o bosque de ribeira de ameneiros e olmos como de conservación prioritaria e os seus elementos insubstituíbeis
Nas últimas semanas realizáronse actuacións que poñen en perigo a conservación da Cova de Eirós, catedral da arte paleolítica galega, presuntamente por persoal da mineira COSMOS coa anuencia da Xunta e o concello
A plataforma Galiza, Mellor Sen Touradas (da que fai parte ADEGA), a Asociación Libera e a Fondation Franz Weber convocamos á cidadanía a participar na manifestación antitaurina da Coruña este domingo 5 de outubro
A Deputación de Lugo volveu confiar en ADEGA-Lugo este ano para guiar tres roteiros neste último trimestre, que estarán dedicados aos bosques galegos e que terán lugar o 26 de outubro, 16 de novembro e 14 de decembro.
O prazo de participación na IV edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e o III Certame de “E ti que é o que ves?” entra na súa recta final. Ata o 1 de novembro hai tempo para enviar os orixinais.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal