ADEGA vén de denunciar o uso de maquinaria pesada para a colocación dun chiringuito de xeados na praia de Doniños. Esta praia ten 3 figuras de protección polo que parece absurdo alterar esta zona protexida cando a escasos 50m hai unha aparcadoiro.
ADEGA convoca unha nova edición dos Concursos polo Territorio de fotografía, relato e curtas para recoller a visión da sociedade sobre o estado do noso patrimonio natural e cultural.
ADEGA presentou alegacións ao enésimo intento da Xunta de dotar de contido ao maior polígono industrial de Galiza. En cómodas doses eleitorais, e despois de 15 anos e máis de 120 millóns gastados, vanse achegar outros 36 millóns para "urbanización"
Esta ordenanza foi elaborada pensando na veciñanza que non ten mascotas e polo tanto supón un agravio comparativo coa que si ten animais de compañía. E os parques caninos de recente creación non solucionan este agravio.
ADEGA presentou alegacións en Medio Ambiente contra un expediente promovido polo Concello de Baralla que tenta eliminar a protección dun espazo natural no planeamento urbanístico municipal para poder autorizar unha canteira.
En xuño de 2013 o TSXG fallaba a favor de ADEGA e anulaba o plano co que a Xunta ía legalizar as desfeitas urbanísticas de Barreiros con 14 millóns de € públicos. Agora o DOG publica a sentenza, para escarnio dos infratores, que seguen na política...
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal