ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
03/10/2016

Iniciativa pola declaración do Pedregal de Irimia como Monumento Natural

ADEGA e outras organizacións vimos de iniciar unha campaña para sensibilizar sobre a situación do Pedregal de Irimia, lugar de nacemento do Miño, ameazado polos eucaliptos

+info

16/09/2016

Somos Cedeira e ADEGA exiximos o compromiso escrito de Costas coa avaliación ambiental da Madalena

No comunicado de Somos Cedeira subscrito por ADEGA insístese na necesidade de acometer unha Avaliación de Impacto Ambiental e o compromiso escrito e asinado do Xefe da Demarcación de Costas

+info

02/09/2016

Adega nas comarcas Ferrol, Eume e Ortegal denunciou a plantacion ilegal de eucaliptos en varias concellos de Ferrolterra

Denuncia de plantacións ilegáis de eucaliptos en Somozas e outros concellos de Ferrolterra

Adega denunciou e notificou plantacións ilegáis de eucaliptos nas concellos de Somozas, Cariño, Mugardos e outros máis da comarca. A Xunta confirmou varias de estas plantacións ilegáis.

+info

26/07/2016

ADEGA e o Foro do Camiño denuncian en ICOMOS as obras de Turismo nos Camiños de Santiago

O Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, acude a ICOMOS-España para denunciar as obras de "mellora e acondicionamento" que a Axencia de Turismo de Galiza está a executar e prevé realizar nos Camiños Norte e Primitivo, Patrimonio da Humanidade.

+info

14/06/2016

ADEGA e outras 14 entidades solicitamos a Industria a nulidade da autorización de Reganosa e o cumprimento das sentenzas do Supremo

Ante a publicación no BOE do trámite para a autorización de REGANOSA solicitamos a nulidade radical do procedemento de autorización por fraude de lei, desviación de poder, e vulneración do dereito á tutela xudicial efectiva

+info

31/05/2016

Móvete con ADEGA polas rías, contra ENCE e a eucaliptización!

Este sabado 4 de xuño en Pontevedra convocámoste á mobilización en defensa das rías, contra ENCE e os eucaliptos. Se defendes o medio ambiente, non podes faltar!

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal