ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Novas /

Novas

Formulario de busca
20/11/2018

Rexeitada no Parlamento a toma en consideración da ILP en defensa do bosque autóctono

Cos votos contrarios do PP (37), a abstención do PSOE (14) e o voto favorábel de EnMarea e BNG (20), este martes o Parlamento Galego rexeitou dar unha oportunidade aos nosos bosques fronte ao cambio climático, os lumes e os eucaliptos.

+info

03/10/2018

Máis de 70 colectivos esiximos conxuntamente a retirada do novo Plano Forestal

Por eucaliptizador, pirófilo, lesivo para a biodiversidade, privatizador... Máis de 70 colectivos ecoloxistas, comunidades de montes, sindicatos, organizacións sectoriais e empresariais vimos de alegar conxuntamente ao novo Plano Forestal do PP-ENCE

+info

14/09/2018

A ILP do bosque e a mina de Touro, en CERNA 79!

ADEGA vén de publicar a edición de verán da revista galega de ecoloxía e medio ambiente, que recolle artigos sobre a ILP a prol do bosque autóctono e a mina de Touro- O Pino, entre outras temáticas de actualidade.

+info

26/06/2018

Danada unha mámoa de Pena Grande por unha plantación de eucaliptos

ADEGA e Mariña Patrimonio veñen de presentar no Seprona unha denuncia por posibles danos ocasionados na Mámoa 9 de Pena Grande en Vilalba (Lugo), por mor dunha plantación ilegal de eucaliptos.

+info

22/06/2018

Entidades e colectivos que promovemos a ILP en defensa dos bosques entregamos 42.561 sinaturas no Parlamento

Representantes da Comisión Promotora desta ILP e dos máis de 60 colectivos que facemos parte da rede “Cousa de Raíces" vimos de entregar este venres 22 na Xunta Eleitoral de Galiza as 42.561 sinaturas acadadas en apoio da iniciativa.

+info

18/06/2018

O Instituto Xeolóxico e Mineiro (IGME) sementa dúbidas sobre a viabilidade do proxecto mineiro de Touro

No seu informe, o IGME pon en cuestión os cálculos económicos da empresa, cualificándoos de "confusos" e que poderían en certos supostos situar ao proxecto fóra do umbral de rendibilidade.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal