ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Novas /

Novas

Formulario de busca
19/11/2013

Xornada de voluntariado na Casa das Insuas

O proxecto Charcas con vida convoca unha nova xornada de voluntarido ambiental na Casa das Insuas para a contrución dunha charca

+info

06/10/2013

Un berro ecoloxista de rebeldía contra o lume e o desleixo e por un mundo rural vivo

Por unha Galiza sen lume, por un rural con futuro

Centos de persoas manifestámonos en Compostela para dicirlle ao Sr. "Firejóo" que non imos ficar impasíbeis perante a destrución do ambiente e o abandono do mundo rural. Os lumes préndeos o misto mais tamén anos de desleixo e políticas pirófilas

+info

27/09/2013

Xornada de recuperación de charcas nos Ancares

A iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca a cuarta xornada de voluntariado que se celebrará os días 18 e19 de outubro. O lugar escollido para esta nova actuación será A Serra dos Ancares.

+info

24/09/2013

Construímos dúas novas charcas e recuperamos unha poza de rego en Ourense

Esta fin de semana 25 persoas déronse cita na provincia de Ourense en Xunqueira de Espadanedo e Montederramo para participar nunhas xornadas de voluntariado ambiental adicadas a construcción e recuperación de charcas

+info

20/09/2013

ADEGA esixe a inmediata posta en marcha de medidas contra a erosión nas zonas queimadas

Se a Xunta non actúa para evitar os arrastres post-lumes será a única responsábel dunha nova catástrofe ecolóxica

Os impactos dos incendios non rematan ao apagarse o lume. Após da desfeita, as zonas queimadas corren o risco de perderen por completo a súa fertilidade debido á erosión do substrato e aos aos arrastres pluviais. Ignorar esta ameaza sería criminal.

+info

17/09/2013

Após da catástrofe incendiaria, comeza o reparto do botín

Chuvia de cartos públicos para constituir SOFOR e axudas a cazadores

Fieis á idea de que o monte galego non val máis que para plantar eucaliptos e cazar, Medio Rural e Medio Ambiente iniciaron a súa rega anual de euros post-lumes a madeiristas e cazadores. E non terán algo que ver os lumes con estas actividades?

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal