ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Novas /

Novas

Formulario de busca
23/11/2020

Feudalismo eólico: cesións a custo cero e cláusulas leoninas con "expropiación pactada" nos contratos de arrendamento

Algúns contratos eólicos son pouco menos que insultantes para os titulares das terras. Prezos ridículos e cláusulas escandalosamente favorábeis para as empresas, que mesmo ofrecen "opcións de arrendamento" a 5 anos pagando CERO!

+info

11/11/2020

Alerta sanitaria: Galiza ten o maior risco de dispersión do COVID-19 pola cría de visóns

As 26 granxas de visóns radicadas en Galiza (as 3/4 partes do Estado), alén de supoñer un elevado risco biolóxico para os ecosistemas, poden ser un vector de dispersión de novas cepas de COVID-19. A que agarda a Xunta para decretar o seu peche?

+info

06/11/2020

O Concello de Lugo alimenta a confusión sobre a orixe "autóctona" da madeira utilizada no edificio Impulso Verde

ADEGA Lugo, insta ao Concello de Lugo que emende o erro de considerar o eucalipto e o piñeiro como madeira autóctona galega e non leve ao engano á cidadanía lucense.

+info

28/10/2020

A devesa de Anllares, maltratada polas eléctricas e cercada polos eucaliptos

O bosque atlántico máis occidental do continente, degradado polo desleixo institucional

A devesa de Anllares, ao carón do río Xallas, leva décadas sofrindo as consecuencias do esquecemento -intencionado- das institucións. Recurtada, fragmentada e agora ameazada polos eucaliptos, urxe xa a súa protección!

+info

09/10/2020

Esiximos á Xunta accións inmediatas para evitar a degradación dos espazos queimados

ADEGA, entre outras entidades, demanda ás consellarías de Medio Rural e Medio Ambiente que actúen inmediatamente contra a erosión e a perda de solo e biodiversidade nos espazos naturais asolados polo lume.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal