ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
25/06/2015

Xa está na rúa o nº 2 de Sermos-ADEGA: Galiza tóxica

No suplemento SERMOS-ADEGA nº2 tratamos a problemática do uso e abuso dos biocidas no país. Fumigacións de eucaliptais, cultivos, beirarrúas e noiros compoñen unha auténtica Galiza tóxica

+info

01/06/2015

Celebra a Semana do Medio Ambiente con ADEGA!

O vindeiro 5 de xuño é o Día Mundial do Medio Ambiente. Durante toda esta semana, ADEGA organiza unha manchea de actividades dende os ríos, ao tratamento dos residuos, pasando pola loita contra as invasoras ou a limpeza de praias. Apóntate!

+info

21/05/2015

Centros de litros dun perigoso herbicida fumigados no casco histórico de Compostela

O produto empregado masivamente en Compostela pola empresa concesionaria para rozar a vexetación ten como principio activo o glifosato, cuxo nível de risco foi recentemente elevado pola OMS ao "2A, probabelmente canceríxeno para humanos"

+info

11/05/2015

O Ministerio autoriza a fumigación masiva dos eucaliptos cun tóxico para as abellas

A pedido da Xunta e das pasteiras, e logo dos ensaios en 2014, o Ministerio vén de autorizar a fumigación excepcional por 4 meses dos eucaliptais galegos con tau-fluvalinato, un potente insecticida, potencialmente tóxico para as abellas

+info

29/04/2015

Voltará o Sar algún día a ser río?

A delegación Compostela de ADEGA nun recente percurso polo Sar dende a Colexiata até a Rocha comprobou o pésimo estado ecolóxico do río e as súas ribeiras: verteduras de fecais, camiños abandonados, obras na canle e a vexetación de ribeira eliminada

+info

24/04/2015

Nostián-Solución traslada ás candidaturas políticas da Coruña as propostas para millorar a xestión do sistema

A Plat. Nostián-Solución vén de achegar as propostas para millorar o sistema de xestión do lixo na Coruña ás formacións que concorren ás eleccións. Asinaron BNG-As. Abertas, Marea Atlática, PSOE, EU, CxG, EQUO, PODEMOS, ANOVA e As. Cidadá de Cambre

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal