ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
07/03/2019

Novo reparto de composteiros domésticos no concello de Santiago de Compostela

ADEGA e a Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia continuamos coa segunda fase do programa de compostaxe doméstica. Figueiras, Grixoa, Laraño, Villestro, Gracia e a Sabugueira

+info

05/03/2019

Os rapaces do colexion de A Gándara de Ferrol, fixeron un mercadillo solidario con temática ambiental.

Mercadillo solidario no CEIP A Gandara Ferrol e entrega do importe a Adega Ferrolterra

Xaneiro 2019. Os rapaces e profesores do Colexio de primaria de A Gándara en Ferrol fixeron un mercadillo solidario con temática ambiental e decidiron doar o importa do recaudado no mercadiño a Adega na súa delegación en Ferrol . ¡¡Moitas grazas!!

+info

19/02/2019

TOUROLEAKS (5): As contradicións da empresa sobre a natureza dos estériles invalidan todo o proxecto mineiro

Novos datos do proxecto Touro confirman o que xa denunciara ADEGA: a práctica totalidade dos materiais da mina van xerar drenaxes ácidas e mobilizar metais tóxicos. Todo o proxecto mineiro foi construído sobre unha mentira e debe ser rexeitado!

+info

06/02/2019

TOUROLEAKS (4): A solución da mineira de Touro para evitar a contaminación dos ríos: suprimir os ríos!

No culebrón mineiro de Touro sucédense os capítulos cada vez máis delirantes. Ante a contaminación dos ríos a mineira propón, seguindo a "doutrina G.W. Bush", eliminalos bombeando as augas a unha balsa, que tería que baleirar ao abrir de novo a mina!

+info

28/12/2018

TOUROLEAKS (3): Cobre San Rafael propón facer un parque temático da contaminación mineira

Semella unha brincadeira mais non o é. A mineira de Touro xustifica non ter descontaminado o río pola presenza de organismos estremófilos de interese para estudar a vida extraterrestre e propón criar un parque temático de bacterias.

+info

20/12/2018

ADEGA no seminario ´Tres anos de REVITALIZA´

ADEGA relata a súa experiencia nas visitas e charlas no programa de compostaxe individual en As Neves no Seminario "Outra ollada na xestión local de residuos. Tres anos de REVITALIZA".

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal