ADEGA-Lugo será a encargada de dirixir os roteiros que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo neste último trimestre de ano, dentro dun amplo programa de actividades que vén de presentar hoxe ante os medios de comunicación.
Entre tod@s retiramos uns 10 kg de coniza (Conyza candensis), 30 kg de papiro (Cyperus involucratus), 13 pés de pita (Agave americana) e máis de 500 kg de cana (Arundo donax). Grazas voluntari@s!
Este curso ADEGA volve a colaborar coa Oficina de Medio Ambiente da Universidade da Coruña. Deseñaremos e coordenaremos as actividades de ed. ambiental e voluntariado do persoal bolseiro para tratarmos de ambientalizar un pouco máis o campus da UDC
Centos de persoas manifestámonos en Compostela para dicirlle ao Sr. "Firejóo" que non imos ficar impasíbeis perante a destrución do ambiente e o abandono do mundo rural. Os lumes préndeos o misto mais tamén anos de desleixo e políticas pirófilas
Este venres 4 de outubro ADEGA impartirá en Ourense o II Curso de formación para inspección de charcas, en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza, no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio
O 1 de novembro remata o prazo para presentar os traballos candidatos aos concursos polo territorio de ADEGA, en relato, fotografía e curtas.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal