O parque eólico "Alto Cabrera" pretende convertir en polígono industrial a alta montaña galega. Quilómetros de pistas, enormes desterros e milleiros de toneladas de formigón entre aguias reais e osos... É o capitalismo verde!
O anuncio da moratoria por parte da Xunta de Galiza, no canto de frear as ansias eucaliptizadoras dalgúns propietarios forestais, está a alentar a proliferación de novas plantacións, mentres esta medida non teña unha aplicación efectiva.
ADEGA, RIOS CON VIDA e a ASOCIACIÓN PARA A DEFENSA DO PARQUE DE ROSALÍA DE CASTRO E O SEU ENTORNO veñen de presentar alegacións ao planeamento urbanístico do sector S-5-I en Lugo.
Este 14 de marzo é o Día Internacional de acción polos ríos, antes día de loita contra os encoros. Galiza é un dos territorios europeos con maior presión hidroeléctrica, mais as administracións galega e española amosan pouco entusiasmo por liberalos.
O pasado 6 de marzo realizouse a primeira acción de plantación da campaña "O Teixo: tempo ao tempo" que promove ADEGA e a Fundación Eira
A plataforma “Por un Monte Galego con Futuro” denuncia que a moratoria non terá valor se non se establecen medidas específicas para aplicala de maneira efectiva e impedir novas plantacións de eucalipto.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal