O Concello dá a coñecer os datos do proxecto piloto emprendido hai case un ano. Na zona en que se desenvolveu a recollida domiciliaria do lixo pasouse de 2 toneladas ao mes a só 900 quilos. San Sadurniño ampliará agora este sistema
Hai présa por deixar a ENCE "atada y bien atada" á ría de Pontevedra denantes do 20D. Un cambio de goberno podería paralisar a solicitude de prórroga, comprometendo o negocio da pasteira, habitual refuxio de políticos do PP xa amortizados
O sábado 7 de Novembro visitamos os proxectos de compostaxe caseira e comunitaria de Monforte de Lemos. Sete meses despois de comezar o proxecto podemos observar os primeiros resultados.
A Dirección Xeral Conservación da Natureza elude o investigar a denuncia de ADEGA encol da venda de trofeos de lobo na Reserva de caza de Ancares, que recoñece ilegal. Quen se está a lucrar con estas prácticas?
Tras varios anos deixados á intemperie, e pese á condena da Xustiza,..seguen residuos contaminantes xunto ao rio Baa (Fene). Membros de Verdegaia, ADEGA, SGHN, AETNA e veciñanza, presentamos diante da Xunta de Galicia,recurso e material contaminante.
ADEGA, GEAS e Hábitat advertimos á Xunta da presenza dun exemplar de tigre de Bengala nas instalación da empresa Naturmaz, ao carón do encoro da Fervenza en Mazaricos. O tigre exíbese aos visitantes nun cercado de ferranchos en precarias condicións
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal