ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
03/02/2016

Nova fraude de SOGAMA: 4 millóns de € para unha planta de compostaxe que non vai facer compost

É necesaria unha recollida separada da materia orgánica do resto das fraccións, para que o produto resultante sexa considerado compost

Perante o recente da Xunta da licitación dunha planta de "compostaxe", ADEGA lembra que o sistema SOGAMA non permite separar en orixe a materia orgánica e, portanto, legalmente non poderá facer compost

+info

02/02/2016

Resultados do Informe anual sobre o estado de saúde dos ríos galegos

Neste Día Mundial dos Humidais (2 de febreiro) o Proxecto Ríos vén de facer público os resultados do informe elaborado coas informacións achegadas polos 322 grupos de voluntari@s nas inspeccións de primavera e outono

+info

01/02/2016

40 Asemblea de ADEGA e premios Osíxeno 2015

ADEGA vén de celebrar a súa 40 Asemblea Xeral. Van aló xa 40 anos de ecoloxismo e defensa do patrimonio natural e cultural de Galiza, posíbel grazas ao compromiso xeneroso e solidario dos milleiros de socios e socias. Parabéns a tod@s!

+info

26/01/2016

O Cambio Climático, tema de fondo de Sermos-ADEGA nº 4

SERMOS GALIZA e ADEGA vimos de publicar o nº 4 do suplemento SERMOS ADEGA que está dedicado ao cambio climático e aos resultados do Cumio climático de París, celebrado o pasado mes de decembro.

+info

25/01/2016

Prórroga de 60 anos para ENCE: fraude democrática e bulra ambiental

O governo do PP vén de resolver a prórroga das actividades contaminantes da pasteira en Lourizán por outros 60 anos, até o 2073. É unha fraude democrática hipotecar a ría a ENCE cun govermno en funcións e unha burla á cidadanía e ao ambiente

+info

13/01/2016

Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2015

ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA ás millores e piores actuacións de 2015. Celulosas e eucaliptos, cambio climático, abellas e mundo rural vivo, aliás dunha referenza aos 40 anos da organización, son os temas desta 15 edición

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal