ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
02/12/2016

Crónica do CONAMA 2016

ADEGA asistiu ao CONAMA 2016 tendo unha participación activa nas actividades desenroladas pola AEBAM, entidade da que forma parte, na presentación do "Decálogo cidadán contra o lixo mariño".

+info

30/11/2016

Aumenta a contaminación das grandes industrias galegas segundo o Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR)

Un artigo de Ramón Varela Díaz, doutor en Bioloxía, experto en contaminación atmosférica e ex-presidente de ADEGA

Veñen de facerse públicos os datos do Rexistro Estatal de Emisións Contaminantes (PRTR-España) sobre as emisións en 2015 de substancias contaminantes das principais industrias e outras fontes. Galiza pasa do 4º ao 2º territorio con máis emisións

+info

30/11/2016

A CH deberá declarar caduca a concesión para explotar a Fábrica da Luz de Lugo

A plataforma "Lugo de Cara ao Miño" e ADEGA expoñen os motivos legais e de índole ambiental, socioeconómica e de xustiza que fundamentan a extinción da concesión outorgada ao Concello de Lugo para explotar a Fábrica da Luz.

+info

28/11/2016

Mais de 2 toneladas de lixo retirado

Crónica da V limpeza de praias e lagoas litorais

Durante a pasada fin de semana (25 e 26 de novembro), dous colexos e varias entidades sumaron os seus esforzos ao longo do litoral galego para limpar as praias e lagoas litorais, denunciando así a problemática ambiental do lixo mariño

+info

28/11/2016

Xornadas de sustentabilidade na UDC

Coma cada Nadal, e xa van sete edicións, a Oficina de Medio Ambiente da UDC organiza as xornadas de sustentabilidade. desta volta, o lugar escollido será a Facultade de Dereito e o día o 1 de decembro.

+info

23/11/2016

A Xunta arrasa cunha poboación dun fento en perigo de extinción ao abrir unha pista

Unha pista promovida por Medio Rural na lagoa de Alcaián (Coristanco) levou por diante unha poboación de Lycopodiella inundata, considerado en perigo de extinción. Novamente, o patrimonio natural máis sensíbel, degradado pola propia administración...

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal