ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
25/01/2017

Celebración dos 40 anos de ADEGA: ´ADEGA, NA CRISE DOS 40´

Este sábado 28 no Quiosco Alfonso da Coruña, a partires das 17:30 celebraremos os actos dos 40 anos da Asociación (1976-2016). Baixo o título "ADEGA NA CRISE DOS 40..." haberá video, música, intervencións, sorpresas... Non podes faltar!

+info

25/01/2017

Campaña de venda de lotaría de Nadal 2016 e Reis 2017. Novo éxito colaborativo e de participación en ADEGA

Novo éxito na campaña venda lotaría Nadal 2016 de ADEGA : 92 talonarios: Ferrol 37 t./ Nacional 25 t./ Lugo 21 t./ Vigo 4 t./ O Carballiño 2 t./ Coruña 3 t .

+info

18/01/2017

Premios Osíxeno e Dioxina ás millores e piores actuacións ambientais de 2016

É a 16ª edición dos premios cos que ADEGA quere subliñar o millor e o pior do pasado ano dende a perspectiva ambiental. O conflito de REGANOSA e a problemática da eucaliptización, moi presentes no fallo deste ano.

+info

17/01/2017

ADEGA, BNG e a AVV de Brión presentamos protesta formal polo proxecto de botar os escombros das obras do tren ao porto de Ferrol nos montes de Brión(Ferrol)

ADEGA, BNG e a AVV de Brión (Ferrol) protestamos polo proxecto de botar escombros nos montes de Brión(Ferrol).

ADEGA, AVV de Brión e BNG presentamos diante da Autoridade Portuaria de Ferrol, protesta formal polo proxecto de botar os escombros da futura obra do tren ao porto exterior de Ferrol, nos montes de Brión (Ferrol) xunto a zonas de mámoas, manantiáis,.

+info

16/01/2017

ADEGA e SomosCedeira deixarán de participar na Plataforma en defensa da Ría de Cedeira

Despois duns meses da creación deste colectivo a asociación ecoloxista ADEGA e o colectivo cívico Somos Cedeira, deixarán de participar por entender que se desvía dos obxectivos para os que foi constituída.

+info

13/01/2017

Concentración solidaria cos compañeiros que serán xulgados por defender o río Miño en Lugo

A plataforma da que fai parte ADEGA, Lugo de Cara ao Miño, vén de convocar unha concentración para o día 20 de xaneiro diante dos xulgados de Lugo, en apoio aos tres compañeiros que serán sometidos a xuízo tras unha denuncia de Inca.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal