Unir as persoas coa Natureza é o lema que a ONU propón para este día. Mais no noso país, con modelos baseados no monocultivo forestal e o abandono do rural, as persoas están cada vez máis lonxe da natureza.
Máis de cincuenta asociacións, entre elas ADEGA, participan nesta iniciativa para vertebrar a defensa e promoción do noso patrimonio material e inmaterial
Para un mesmo ano (2015) as cantidades de contaminantes declarados por ENCE son distintas segundo consultemos o rexistro PRTR, a Declaración Ambiental ou o informe de Responsabilidade Social. Que datos son verdadeiros, se é que hai algún?
A Xunta vén de declarar a ADEGA asociación de utilidade pública. Este feito reportará vantaxes non só para a nosa entidade senón tamén para todos os socios e socias, que poderán desgravar unha parte importante das súas coutas na declaración do IRPF
ADEGA e Mariña Patrimonio presentamos o pasado 9 de maio unha denuncia perante o Servizo de Patrimonio Cultural, despois de termos noticia da destrución do dolmen da Casa dos Mouros de Lobeira (O Valadouro- Lugo) no transcurso duns labores forestais.
O estado vén de aprobar a central de bombeo Salas-Cunchas, na Limia. 74 meses de obras; 1,1 millóns de m3 de entullos estrados na reserva do Gerês-Xurés...Todo para que GN-Fenosa siga espremento dúas concesións franquistas até os 99 anos de vixencia.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal