ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
10/09/2013

Mentiras e escurantismo da Xunta no desecamento da lagoa da Frouxeira

As reiteradas "intervencións" da Xunta neste humidal protexido fixéronse "ao chou" e sen atender a ningún Plano de Conservación, como esixíu o Parlamento en 2010. Tralo último baleirado, a Frouxeira é hoxe un deserto...

+info

09/09/2013

Nova web e novos portais de contidos de ADEGA

A nova web de ADEGA tenta integrar toda a información que se produce no eido da organización, ser máis funcional para os socios/as e usuarios/as e ofrecer unha imaxe máis atractiva e moderna. Unha nova ferramente para a defensa do país

+info

30/08/2013

Feijóo pide a colaboración cidadá contra os lumes mentres aproba leis que os favorecen

Este 30 de agosto representantes dos colectivos asinantes do documento "Por unha Asemblea Galega contra o Lume: 10 medidas de país contra a desfeita", entregamos á Xunta máis de 2.500 sinaturas recollidas en poucos días avalando o texto

+info

26/08/2013

A ría de Ferrol, espazo-lixo para recheos, verteduras, dragados e agora "bunkering"

Por se non foran poucas as agresións que ten sufrido a ría de Ferrol (voaduras, contaminación, recheos...) agora Portos do Estado pretende converter a ría nun centro de abastecemento e trafego de hidrocarburos entre buques, ou "bunkering"

+info

29/07/2013

ADEGA presenta alegacións contra a procura de ouro no Val de Neira de Rei

ADEGA vén de presentar alegacións contra o permiso de exploración mineira Lago II, na procura de ouro, cinc, cobre, prata e chumbo, nos concellos de A Fonsagrada, Baleira, Baralla e Becerreá

+info

24/07/2013

Denunciados pola Fiscalía dous altos cargos de Medio Ambiente por prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental

Logo de termos denunciado as irregularidades da Xunta e Ministerio no dragado da ría de Ferrol, a Fiscalía Ambiental do TSXG acusa a dous altos funcionarios de Conservación da Natureza de prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal