ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
06/10/2013

Un berro ecoloxista de rebeldía contra o lume e o desleixo e por un mundo rural vivo

Por unha Galiza sen lume, por un rural con futuro

Centos de persoas manifestámonos en Compostela para dicirlle ao Sr. "Firejóo" que non imos ficar impasíbeis perante a destrución do ambiente e o abandono do mundo rural. Os lumes préndeos o misto mais tamén anos de desleixo e políticas pirófilas

+info

04/10/2013

ADEGA colabora na formación dos axentes ambientais cun curso sobre charcas

Este venres 4 de outubro ADEGA impartirá en Ourense o II Curso de formación para inspección de charcas, en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza, no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio

+info

02/10/2013

Último mes para participar nos III Concursos de fotografías, relatos e curtas polo territorio

O prazo para presentar as obras a concurso será ata o vindeiro 1 de novembro.

O 1 de novembro remata o prazo para presentar os traballos candidatos aos concursos polo territorio de ADEGA, en relato, fotografía e curtas.

+info

01/10/2013

456 persoas retiramos preto de 10 tn de residuos na VI limpeza simultánea de ríos

A pesares do tempo fomos moitas as persoas que nos mollamos polos ríos na VI Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, nenos, nenas e maiores, mais todas e todos co mesmo obxectivo: coidar dos nosos ríos e reclamar a súa conservación.

+info

29/09/2013

Limpeza simultánea ríos en Ferrol e comarca

Dentro da campaña de Limpeza Simultánea de ríos coordenada por ADEGA, foron levadas a cabo limpezas de ríos nos concellos de Ferrol, Neda, Mañón, San Sadurniño, Fene e Neda coa colaboración de diversos colectivos e concellos.

+info

27/09/2013

Créase a Plataforma polo saneamento da ría de Ferrol

Promovida por ADEGA, SGHN, Verdegaia, AVV Recimil e outros colectivos.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal