ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
10/04/2018

O Plan Básico Autonómico omite gran parte da rede fluvial galega

ADEGA e AEMS-Ríos con Vida veñen de presentar alegacións ao Plan Básico Autonómico (PBA) por non contemplar o grafado dunha parte moi considerable da rede fluvial galega, e presentan como caso paradigmático o de Lugo, onde se deixa sen grafar o 45%.

+info

05/04/2018

O Parque Nacional dos Picos de Europa, o único con lobos, quere agora cazalos

A Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica, da que fai parte ADEGA, rexeita o protocolo presentado pola dirección do Parque Nacional e que permitirá establecer cupos de caza de lobo

+info

03/04/2018

Unanimidade no Comité Científico do Ministerio: os eucaliptos son especies exóticas e invasoras e deberían erradicarse

O Comité Científico de Fauna e Flora do Ministerio, en resposta ao concello de Teo, ditaminou por unanimidade que os eucaliptos teñen carácter invasor e deberían incluirse no catálogo estatal para a súa erradicación. Ouvíchedes Xunta e ENCE?

+info

21/03/2018

O actual sistema eléctrico e as políticas fronte o Cambio Climático centraron o debate das Xornadas de Enerxía e Clima de Lugo

O 91% da enerxía que se consume en Galiza é de orixe fósil

A Deputación de Lugo desenvolveu onte, coa colaboración do colectivo ecoloxista ADEGA, unha Xornada sobre Clima e Enerxía, que xuntou varios expertos sobre cambio climático e sobre o sector enerxético galego.

+info

19/03/2018

As hipotecas ambientais da mina de Touro: enxurrada de metais tóxicos baixan polo Ulla cara a ría

Vimos de coñecer os resultados das análises encarregadas por ADEGA das augas dos ríos Portapego e Pucheiras que drenan a antiga mina de Touro. Como era de esperar, os metais tóxicos sobardan todos os límites, e iso coa mina parada...

+info

16/03/2018

Compostaxe? Será por cartos...!

O Ministerio abre de novo a convocatoria de axudas PIMA para mellorar a xestión de residuos, a separación da materia orgánica e compostaxe. Dende ADEGA preguntámonos por qué máis concellos non solicitan estas axudas e a Xunta nos os informa

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal