ADEGA

Inicio / Novas / Todas /

Todas

Formulario de busca
31/10/2019

CERNA 81 atende a chegada da emerxencia climática

ADEGA vén de publicar o número 81 da revista galega de ecoloxía e medio ambiente CERNA relativa á edición de verán deste ano 2019. O tema central está enfocado na emerxencia climática e na mobilización do 27-S.

+info

30/10/2019

Membros de Adega Ferrolterra nas tarefas de limpeza de montes e rexeneración arqueolóxica

Ferrol 26.10.2019. Convocados por veciñanza de Brión(Ferrol), varios colectivos e asociacións (Adega entre outros) colaboraron en tarefas de limpeza do monte e posta en valor de patrimonio arqueolóxico (mámoas) desta zona de Ferrolterra.

+info

30/10/2019

Máis de 800 persoas participaron na VIII Limpeza simultánea de praias

Pese a que faltan datos por recoller, estimamos que en total participaron na VIII Limpeza simultánea de praias máis de 800 persoas e recolléronse máis de 876 kg. de lixo.

+info

28/10/2019

O movemento polo Clima no Sermos-ADEGA nº 22

O SermosADEGA nº 22 repasa, nun artigo de Ángel E. López, a mobilización da sociedade galega o pasado mes de setembro, no marco das reivindicacións mundiais polo clima que rematou o 27-S.

+info

28/10/2019

ADEGA-Lugo inaugura o seu programa de roteiros 2019-2020 cunha subida ao monte Iribio

ADEGA-Lugo organizará 9 roteiros de novembro a xuño

ADEGA-Lugo vén de presentar a súa proposta de roteiros 2019-2020 que desta volta dedica a reivindicar a acción social na defensa do medio ambiente e do patrimonio cultural a través das sinerxías creadas entre os distintos colectivos sociais.

+info

24/10/2019

Industria vese obrigada a suspender todas as autorizacións e obras do parque eólico do Iribio

Onte á tarde chegaba a ADEGA notificación do director xeral de Enerxía e Minas, A. Bernardo Tahoces, coa orde de suspensión temporal de todas as autorizacións outorgadas desde 2007 ao parque eólico do Iribio e coa orde de paralización das obras.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal