ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
20/10/2021

ADEGA Lugo presenta o programa de roteiros 2021/22 "As nosas sagradas montañas"

Dende este domingo 24 de outubro e ata o 12 de xuño, visitaremos diferentes puntos do país, e descubriremos xunto con colectivos locais os valores ambientais, culturais e patrimoniais acubillados no seo das nosas montañas.

+info

01/10/2021

Fraga de Catasós: 21 anos de espera por un plano de conservación pouco ambicioso

A Xunta somete a consulta o plano de conservación do Monumento Natural da Fraga de Catasós, 21 anos despois da súa declaración. O texto volta a esquecer as demandas de ecoloxistas e concellos para ampliar e dotar de coerencia a este espazo.

+info

06/08/2021

ADEGA insta á Deputación de Ourense a suspender a organización do Rally Hispania no Macizo Central

A organización do evento carece dos permisos necesarios para poder celebrar o rally nun espazo natural protexido.

O Servizo de Patrimonio Natural de Ourense vén de confirmarlle a ADEGA que nin a Deputación de Ourense nin a empresa promotora do evento teñen autorización ambiental para celebrar o vindeiro mes de outubro o “Rally Hispania” no ZEC Macizo Cent

+info

26/07/2021

ADEGA Lugo da comezo este xoves ás II Xornadas ambientais de verán "Os catro elementos"

A delegación de Lugo de ADEGA organiza un ano máis as xornadas de verán "Os catro elementos". A terra, auga, aire e lume volven a ser os protagonistas das actividades propostas nos meses de xullo e agosto.

+info

30/06/2021

A CHMS denega a solicitude de legalización das instalacións do Clube Fluvial por ser incompatibles co Plan Hidrolóxico Miño Sil

A Confederación Hidrográfica Miño Sil vén de comunicar a ADEGA que resolveu denegar ao Clube Fluvial de Lugo a solicitude de renovación da concesión polo prazo legal máximo previsto da ocupación, así como a legalización das instalacións existentes.

+info

29/06/2021

As organizacións ecoloxistas queremos participar no observatorio da eólica mariña criado pola Xunta

ADEGA, CEMMA, FEG, Hábitat, SGHN, SGO e Verdegaia vimos de solicitar á Xunta a inclusión dunha representación do ecoloxismo galego no “Observatorio da eólica mariña”. O ambiente non pode quedar fóra da planificación deste sector

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal