Fieis á idea de que o monte galego non val máis que para plantar eucaliptos e cazar, Medio Rural e Medio Ambiente iniciaron a súa rega anual de euros post-lumes a madeiristas e cazadores. E non terán algo que ver os lumes con estas actividades?
Perante os graves danos en propiedades e facendas causados polo devastador incendio que está a afectar aos núcleos próximos ao macizo do Pindo, ADEGA esixe do governo a declaración de "zona catastrófica" para os lugares e parroquias afectadas.
Un pavoroso incendio arrasa arestora o Monte Pindo e leva queimadas máis de 1000 ha. Quenes levamos anos divulgando os seus valores, laiámonos de que a Xunta desatendera o clamor popular para a súa protección. Son tan culpábeis coma os incendiarios!
As reiteradas "intervencións" da Xunta neste humidal protexido fixéronse "ao chou" e sen atender a ningún Plano de Conservación, como esixíu o Parlamento en 2010. Tralo último baleirado, a Frouxeira é hoxe un deserto...
Logo de termos denunciado as irregularidades da Xunta e Ministerio no dragado da ría de Ferrol, a Fiscalía Ambiental do TSXG acusa a dous altos funcionarios de Conservación da Natureza de prevaricación, falsidade documental e delicto ambiental
Convenio de Custodia do territorio, onde as dúas partes se compromenten a levar adiante iniciativas de custodia litoral no ámbito do concello.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal