ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
25/10/2013

Orzamentos da Xunta 2014: O medio ambiente, tocado e afundido

Os fundos ambientais caeron un 67% dende a chegada de Feijóo

Os Orzamentos de 2014 apresentados pola Xunta confirman a desaparición de facto das políticas públicas ambientais. Dende que chegou Feijóo o ambiente galego perdeu 198 millóns de € e áreas como Conservación da Natureza reduciron un 91% os seus fundos

+info

14/10/2013

Até finais de ano, ADEGA-Lugo dirixirá tres roteiros organizados pola Deputación de Lugo

Reserva a túa praza no formulario que atoparás en: www.deputacionlugo.org (sección Terras do Miño)

ADEGA-Lugo será a encargada de dirixir os roteiros que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo neste último trimestre de ano, dentro dun amplo programa de actividades que vén de presentar hoxe ante os medios de comunicación.

+info

04/10/2013

ADEGA colabora na formación dos axentes ambientais cun curso sobre charcas

Este venres 4 de outubro ADEGA impartirá en Ourense o II Curso de formación para inspección de charcas, en colaboración co Servizo provincial de Conservación da Natureza, no Centro de Recuperación de Fauna Silvestre do Rodicio

+info

29/09/2013

Limpeza simultánea ríos en Ferrol e comarca

Dentro da campaña de Limpeza Simultánea de ríos coordenada por ADEGA, foron levadas a cabo limpezas de ríos nos concellos de Ferrol, Neda, Mañón, San Sadurniño, Fene e Neda coa colaboración de diversos colectivos e concellos.

+info

27/09/2013

Xornada de recuperación de charcas nos Ancares

A iniciativa de ADEGA Charcas con Vida convoca a cuarta xornada de voluntariado que se celebrará os días 18 e19 de outubro. O lugar escollido para esta nova actuación será A Serra dos Ancares.

+info

25/09/2013

A recuperación da natureza afectada polo lume, en mans dun acusado de delicto ambiental

Ausencia de responsábeis, de actuacións e de respecto pola lei

A catástrofe do Pindo amosou o absoluto abandono da nosa natureza e o desleixo dos responsábeis. Co conselleiro agochado, a directora xeral de baixa e o subdirector de ferias, o medio ambiente fica nas mans dun xefe provincial acusado pola Fiscalía

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal