ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
26/12/2020

ADEGA únese a Voces do Ulla para denunciar a ampliación da autoestrada AG-59

ADEGA únese ao manifesto de Voces do Ulla en repulsa ao desastre ambiental da innecesaria AMPLIACIÓN DA AUTOVÍA AG-59, de 7,5km por 48 millóns de custe que pasa polo Río Ulla e arredores e por unha área ZEC da Rede Natura 2000 da Unión Europea

+info

16/12/2020

ADEGA e Salvemos O Iribio celebran a demoledora sentenza do TSXG que anula o PE Serra do Iribio

Salvemos O Iribio celebra a demoledora sentenza do TSXG que anula o proxecto eólico Serra do Iribio no ZEC Ancares-Courel e zona de Rede Natura 2000. O fallo, de ser firme, representa un importante precedente xurídico na defensa de Rede Natura.

+info

10/12/2020

ADEGA continúa coas actuacións de custodia do territorio no Sobreiral do Arnego

Este sábado, ADEGA iniciará as novas accións de custodia coa instalación de caixas refuxio para morcegos neste espazo natural protexido.

+info

04/12/2020

ADEGA e WWF instan ao conselleiro de Medio Rural a seguir o exemplo de Europa e ordenar o peche definitivo das granxas de visón americano

ADEGA e WWF insisten ante o conselleiro de Medio Rural a urxencia de dar o peche definitivo ás granxas de visión americano instaladas en Galiza.

+info

20/11/2020

A caza, dobremente perigosa en época de pandemia

ADEGA rexeita que a Xunta permita a actividade cinexética durante a vixencia das medidas de restrición de mobilidade motivadas pola evolución da Covid-19 en Galiza e critica que se volva utilizar a caza do lobo como instrumento político.

+info

17/11/2020

ADEGA non entende a indulxencia do Concello de Lugo coa empresa INCA

O Concello de Lugo ten que indemnizar con 2,47 millóns de euros a INCA, empresa que acometeu obras ilegais na fábrica da luz.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal