ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Territorio e urbanismo / Novas /

Novas

Formulario de busca
23/07/2019

Vía Ártabra en Cambre: cartos públicos para o negocio de concesionarias e construtoras a costa do medio

O trazado da Vía Ártabra en Cambre é exemplo dun modelo de infraestruturas deseñado para maximizar o gasto público e engordar o negocio das construtoras e concesionarias, a costa de graves impactos sobre o territorio

+info

19/07/2019

Nova vitoria contra Reganosa! O Supremo anula o Acordo do Consello de Ministros que eximía a regasificadora de avaliación ambiental

O Alto Tribunal dita a 5ª sentenza favorable ao Comité Cidadán de Emerxencia da ría de Ferrol e que reafirma a situación de ilegalidade de Reganosa. Anula o Acordo do Consello de Ministros de Rajoy que eximía a Reganosa de avaliación ambiental.

+info

17/07/2019

Parque eólico Serra do Oribio: todas as facilidades para estragar a Rede Natura

ADEGA e a SGO veñen de solicitar a Medio Ambiente a paralización das obras de acceso ao Parque Eólico Serra do Oribio por non estaren contempladas no proxecto aprobado, nen sometidas a avaliación de impacto.

+info

20/06/2019

ADEGA constata in situ a desfeita causada polas obras ilegais do parque eólico do Iribio

Integrantes da entidade ecoloxista e doutros colectivos desenvolveron na tarde deste mércores no alto do Iribio unha acción reivindicativa en defensa da Rede Natura

Veciñanza da zona e distintos colectivos convocan concentracións este sábado 22 ao mediodía diante das Casas do Concello de Samos e Triacastela exixindo a paralización do proxecto eólico e unha posterior andaina lúdica ao corazón da serra.

+info

19/06/2019

Asemblea de Adega Ferrol-Eume-Ortegal e constitución da nova directiva da delegación

Asemblea de Adega Ferrol-Eume-Ortegal e constitución da nova directiva da delegación

Trala asemblea comarcal Ferrol, e tras tocar os puntos habituáis, quedou constituida a nova Xunta Directiva da delegación de Ferrol-Eume-Ortegal, presidida por Xosé A. Muñiz e co secretariado: Miguel Anjo González

+info

17/05/2019

Decálogo de propostas de ADEGA por un Lugo máis sustentábel coa vista posta nas municipais do 26 de maio

A delegación luguesa da asociación ponse a disposición de todas as candidaturas para dialogar sobre cada unha das propostas

A delegación luguesa de ADEGA vén de dirixir a todas as forzas políticas que aspiran a gobernar a cidade da Muralla a partir do 26 de maio un decálogo de propostas ecoloxistas co obxectivo de introducir a a axenda ecoloxista no debate electoral.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal