ADEGA

Educación ambiental

Formulario de busca
02/09/2021

Saída ao ZEC Bidueiral de Montederramo e P.N. do Invernadoiro

Xornadas de Voluntariado Ambiental, Estudo e Seguimento do Rilón (Glis glis) e de Quirópteros

+info

03/08/2021

Proxecto Ríos organiza dúas Noites de Morcegos en agosto

As xornadas sobre os quirópteros e o bosque de ribeira realizaranse os días 5 e 11 de agosto en Allariz e Monforte de Lemos

Proxecto Ríos, programa de voluntariado ambiental en ríos coordinado pola asociación ecoloxista ADEGA, vai realizar neste mes de agosto dous cursos de formación sobre quirópteros e o bosque de ribeira, que se impartirán en dúas “Noites de morcegos"

+info

08/06/2021

ADEGA celebra o Día Mundial do Océanos

Desenvolveuse unha limpeza de praias en dous areais de Ribadeo

Hoxe, 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos, ADEGA e o Concello de Ribadeo colaboraron nunha xornada organizada pola Área de Medio Rural, Mar e Mocidade da Deputación de Lugo, na que se limparon dúas praias de Ribadeo

+info

21/05/2021

Eliminando especies invasoras do río Tea e inventariando a biodiversidade do río Alén

Proxecto Ríos celebra o Día da Biodiversidade eliminando especies exóticas

Mañá sábado, 22 de maio, celébrase o día Mundial da Biodiversidade que trata de facer unha chamada de atención sobre a conservación da diversidade biolóxica para o mantemento da vida e dos ecosistemas do planeta. O Proxecto Ríos únese a este chamado.

+info

10/05/2021

En marcha os Programas de Compostaxe Caseira e Comunitaria da man de ADEGA

Co gallo da Semana Internacional da Compostaxe, ADEGA inicia a campaña de concienciación sobre a xestión do lixo no concello de Allariz e continúa co Programa de Compostaxe no concello da Pobra do Caramiñal.

+info

21/12/2020

O Río Sarela, obxecto de estudo no proxecto Europeo LivingRiver

ADEGA e o IES Arcebispo Xelmírez I acudirán hoxe ao río Sarela para estudar a súa evolución biolóxica, no marco do proxecto europeo LivingRiver.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal