Inicio / Novas / Delegacións /
O vindeiro luns dará comezo un programa de obradoiros para nenos e adultos que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo e que imparte ADEGA nos concellos lucenses de Viveiro, Monforte, Ribadeo, Lugo e Ribas de Sil.
Cultura do País, ADEGA e Mariñapatrimonio vimos de presentar unha denuncia perante a Dirección Xeral de Patrimonio polo abandono e posibles danos de A Roda do concello de Barreiros.
ADEGA-Lugo será a encargada de dirixir os roteiros que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación de Lugo neste último trimestre de ano, dentro dun amplo programa de actividades que vén de presentar hoxe ante os medios de comunicación.
O 1 de novembro remata o prazo para presentar os traballos candidatos aos concursos polo territorio de ADEGA, en relato, fotografía e curtas.
Dentro da campaña de Limpeza Simultánea de ríos coordenada por ADEGA, foron levadas a cabo limpezas de ríos nos concellos de Ferrol, Neda, Mañón, San Sadurniño, Fene e Neda coa colaboración de diversos colectivos e concellos.
Onte tivo lugar unha mesa redonda sobre os impactos sobre na ría de Ferrol do proxecto de tren cara ao porto exterior, na que participou Xandro García, Vicepresidente de ADEGA e membros da asociación Muiño do Vento de Canido (Ferrol).
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal