ADEGA Lugo vén de celebrar a súa Asemblea Xeral bianual, na que por unanimidade renovouse a directiva da delegación, aprobáronse os informes de contas e futuras liñas de traballo.
Rematado o carbón, ENDESA teima en seguir a espremer a comarca do Eume. Xa deixou claro que pode facer o que lle peta co río, mais agora quere entrar tamén no negocio do eucalipto cun plantío de 543 hectaéas...
“Por un Monte Galego con Futuro” consegue que a Fiscalía abra unha investigación penal polos incendios forestais producidos o pasado mes de abril a consecuencia das queimas levadas a cabo pola Consellería do Medio Rural no Courel e Fonsagrada
A plataforma "Por un Monte Galego con Futuro" vén de solicitar á Fiscalía de Medio Ambiente que investigue o acontecido nos incendios forestais producidos nos últimos meses, derivados de queimas "controladas" e que afectaron a espazos Rede Natura.
ADEGA pon a disposición da cidadanía un formulario en liña (http://bit.ly/denunciaforestal) para facilitar a denuncia de plantacións e cortas ilegais no monte galego.
O parque eólico "Alto Cabrera" pretende convertir en polígono industrial a alta montaña galega. Quilómetros de pistas, enormes desterros e milleiros de toneladas de formigón entre aguias reais e osos... É o capitalismo verde!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal