Lumes, eucaliptos, minas e ceo aberto, encoros... E agora, un vertedoiro pirata. As Fragas do Eume, un dos nosos espazos protexidos máis emblemáticos, amosa outra volta as consecuencias dunha caótica xestión. Nos espazos protexidos vale todo!
É posíbel celebrar unha romaría ou festa sen que todo o espazo quede ateigado de vasos de plástico: no bairro de San Pedro en Compostela conseguiuse. Parabéns á veciñanza!!
Ferrol 26.6.2014. Levada a cabo con grande interese a palestra sobre “Remunicipalización e xestión pública do ciclo integral do auga”.
Este 17 de xuño iniciouse o terceiro programa de compostaxe caseira en Pontevedra. Este concello entende que os residuos orgánicos non son lixo, e non deben transportarse centos de quilómetros e rematar nun vertedoiro ou queimados en SOGAMA
Mentres centos de persoas participabamos nunha acción solidaria para limpar a costa galega, empresas sen escrúpulos usan con total impunidade o dominio público e a Rede Natura litoral como entulleira
O manifesto "Nostián Solución", asinado por asociacións ecoloxistas, sindicatos, cooperativas de consumo e colectivos sociais da Coruña, insta a concello e responsábeis da planta de Nostián a millorar a taxa de reciclaxe. Pódese e débese!
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal