Para ADEGA estas desfeitas non son casuais: Son consecuencia de urbanizar o litoral "a toda costa" e ignorar o cambio climático. Mentres, os criadores do problema persisten no erro e receitan máis cemento e recheos no litoral. A maré segue a subir...
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza que desestima o recurso formulado pola empresa constructora de promover un proxecto urbanizador na zona da Fraga de Menáncaro, no val de Serantes, en Ferrol.
ADEGA, a CIG, a FRUGA e a ORGACCMM vimos de intervir na comisión parlamentar da nova lei do solo. O texto da Xunta ningunea ao mundo rural galego, consagra a discrecionalidade e aposta polo modelo urbanístico que provocou a burbulla inmobiliaria.
O pasado venres, culminaron con éxito en Lugo as xornadas organizadas por ADEGA “Cara unha nova cultura da Economía sostible”, que trataron de dar a coñecer iniciativas que están a traballar por unha Economía máis sosible e socialmente xusta.
A Plataforma Cívica SomosCedeira, e ADEGA desexan manifestar públicamente a súa rotunda oposición aos plans anunciados pola Demarcación de Costas de Galicia e o Concello de Cedeira, relativos ao propósito de volver facer recheos de area na praia.
Hoxe falláronse e entregáronse os premios 2013 correspondentes á III Edición dos concursos “Fotografías polo territorio” e “O lugar onde vivo” e ao II concurso de curtametraxes “E ti que é o que vés?”, no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal