ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Contaminación e residuos / Novas /

Novas

Formulario de busca
18/10/2023

ADEGA e a cidadanía Coruñesa rexeitan o uso do quinto contedor de envases

A asociación ecoloxista ADEGA participou nas últimas semanas en diversas reunións co Concello da Coruña, o Consorcio das Mariñas, o Comité de empresa de Nostián e varios colectivos veciñais.

A primeira desta xeira de reunións foi cos concelleiros de economía, e planificación urbana, e medio ambiente. Nesta xuntanza o concello informou da sua intención de implantar o quinto contedor para a recollida separada de residuos de envases pola ..

+info

22/09/2023

Nostián: Os datos de 2022 confirman a superioridade do modelo húmido-seco fronte o colector amarelo

Co colector amarelo, SOGAMA conseguiu recuperar 7,7 kg de residuos de envases por habitante, fronte aos 30 kg por habitante de Nostián.

ADEGA iniciará unha campaña informativa sobre a situación da xestión de residuos na Coruña e As Mariñas. Introducir o colector amarelo na comarca só se pode entender polas presións de SOGAMA e Ecoembes.

+info

01/09/2023

O II Plano estatal de control da contaminación atmosférica volta a esquecer as Directrices da OMS

O Ministerio vén de expoñer o II Plano de control da contaminación atmosférica para tentar cumprir cos obxectivos de redución de contaminantes atmosféricos establecidos pola UE. Porén, estes obxectivos seguen a estar moi lonxe do recomendado pola OMS

+info

04/08/2023

Nostián cuadruplica a recuperación de envases de SOGAMA sen necesidade do quinto contentor

Datos de 2021 amosan que a porcentaxe de resuperación de envases do sistema Nostián é do 58,4% fronte ao 15,4% de SOGAMA. Fica claro que o contentor específico (bidón amarelo) que promoven SOGAMA e Ecoembes é un rotundo fracaso.

+info

17/11/2022

ALCOA pide á Xunta poder contaminar máis pola guerra na Ucraína

A multinacional americana quere voltar a usar fuel para a produción de alúmina ante o elevado prezo do gas e pide á Xunta superar os límites de contaminantes, particularmente óxidos de xofre e nitróxeno, fixados na Autorización Ambiental Integrada.

+info

11/11/2022

ADEGA impartirá en Fene o seu derradeiro Curso de Compostaxe en 2022

A formación está financiada pola Fundación Biodiversidade e o Fondo Social Europeo, no marco do Programa Empleaverde para 2021. O curso é gratuíto e vai dirixido a persoas desempregadas.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal