A Oficina de Medio Ambiente da UDC e ADEGA, en colaboración co CIFP de Someso, organizamos este evento no que cociñamos unha manchea de pratos para máis de 40 persoas usando como única fonte de enerxía o Sol
ADEGA-Ferrolterra vai desenvolver unha acción este xoves 5 de marzo consistente en viaxar no autobús urbano 1-2 dende a Praza do Callao ata Neda ás 19.30 horas e viceversa, para demandar unha mellora do servizo de autobús abaratamento do billete.
Malia a que Fenosa (aparentemente) renunciou á instalación das baterías experimentais tóxicas no Cabo Vilán, ADEGA vén de denunciar a actuación da Xunta diante da Comisión Europea. Como é posíbel eximir de estudo de impacto a este proxecto?
ADEGA condena de forma unánime e contundente a inxustificábel e cruenta agresión sufrida por activistas de Greenpeace nunha protesta pacífica contra as prospeccións petrolíferas de Repsol en Canarias
Veñen de publicarse os datos do Rexistro Estatal de Emisións e Fontes Contaminantes (PRTR) sobre as emisións das principais industrias. Galiza con menos do 3% dos complexos industriais do estado emite valores moi altos de todo tipo de contaminantes
O Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol, do que fai parte ADEGA, vén de trasladar á Fiscalía Anticorrupción as irregularidades no financiamento de REGANOSA por parte da antiga Caixa Galicia/Nova Caixa Galicia sendo presidente X. L. Méndez
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal