ADEGA

Delegacións

Formulario de busca
18/10/2018 | Lugo

A fauna galega, protagonista dos roteiros de ADEGA-Lugo 2018-2019

ADEGA-Lugo dedicará os Roteiros deste curso 2018-2019 ao coñecemento e posta en valor da fauna autóctona de Galiza, especialmente de especies dos diferentes grupos animais que son emblemáticas ou que están en situación de ameaza.

+info

15/10/2018 | Lugo

A praia de Arealonga de Barreiros limparase de lixo o vindeiro sábado

ADEGA-Lugo acudirá á praia de Arealonga de Barreiros para participar na VII Limpeza Simultánea de Praias o vindeiro sábado, 20 de outubro.

+info

11/10/2018 | Compostela

Proxecto de compostaxe comunitaria na escola

O pasado xoves 4 de Outubro do 2018 reactivouse o Proxecto Compostaxe comunitaria na escola impulsado pola Concellaria de Medio Ambiente e Convivencia de Co0mpostela.

+info

10/10/2018 | Vigo

ADEGA-Vigo participa na VII Limpeza Simultánea de Praias cunha limpeza en Alcabre

A delegación de ADEGA en Vigo promove unha limpeza de praias dentro do marco da VII Limpeza Simultánea de Praias. Será o día 20 de Outubro, ás 10:30h, nas praias de Alcabre. Agardámoste!

+info

09/10/2018 | A Mariña

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian na Fiscalía a destrución do Castro de Trinidade

A Xunta incumpriu o seu deber legal de protexer o xacemento e permitiu a súa irreparable destrución por parte dunha canteira.

ADEGA e Mariña Patrimonio presentaron varias denuncias ante a Fiscalía por diferentes disposicións de Patrimonio Cultural da Xunta que poderían ser constitutivas de delito, entre elas, a destrución do Castro de Trinidade-Flores de Mondoñedo.

+info

08/10/2018 | Lugo

#oCamiñoNONsedestrúe

Denunciada ao ICOMOS a cimentación do Camiño Primitivo ao seu paso pola Fonsagrada

Foro do Camiño, do que fai parte ADEGA, denuncia a nova destrución e cimentación do Camiño Primitivo ao seu paso polo concello de A Fonsagrada (Lugo), entre os lugares de Vilardongo e Pedrafitelas.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal