Do 16 ao 22 de setembro celébrase a Semana Europea da Mobilidade. Co lema "Móvete por un ar máis limpo" quérese destacar o impacto do transporte a motor no ar que respiramos. Mentres, a Xunta insiste na falsa mensaxe da boa calidade do ar en Galiza.
O 15 de setembro deu comezo a campaña de outono do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 31 de outubro.
Fieis á idea de que o monte galego non val máis que para plantar eucaliptos e cazar, Medio Rural e Medio Ambiente iniciaron a súa rega anual de euros post-lumes a madeiristas e cazadores. E non terán algo que ver os lumes con estas actividades?
Perante os graves danos en propiedades e facendas causados polo devastador incendio que está a afectar aos núcleos próximos ao macizo do Pindo, ADEGA esixe do governo a declaración de "zona catastrófica" para os lugares e parroquias afectadas.
Un pavoroso incendio arrasa arestora o Monte Pindo e leva queimadas máis de 1000 ha. Quenes levamos anos divulgando os seus valores, laiámonos de que a Xunta desatendera o clamor popular para a súa protección. Son tan culpábeis coma os incendiarios!
Este 11 de setembro representantes do movemento ecoloxista galego entregamos no Parlamento dúas iniciativas para a prohibir o cianuro en minaría, e obrigar ás mineiras a contar coas garantías suficientes para afrontar eventuais accidentes.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal