E se en troques dos 23 mil m3 de lamas ácidas vertidas no Monte Neme foran 11 millóns de m3 con altos contidos de As e cianuro da macrobalsa de Corcoesto? Se para a Xunta isto non supón risco algún, estamos ante incompetencia ou desleixo criminal?
Para ADEGA estas desfeitas non son casuais: Son consecuencia de urbanizar o litoral "a toda costa" e ignorar o cambio climático. Mentres, os criadores do problema persisten no erro e receitan máis cemento e recheos no litoral. A maré segue a subir...
ADEGA cursou varias denuncias contra plantacións ilegais de eucaliptos nos concellos de Lugo, Begonte e Rábade, e consegue que se retire a especie nalgunhas destas parcelas.
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ditou unha sentenza que desestima o recurso formulado pola empresa constructora de promover un proxecto urbanizador na zona da Fraga de Menáncaro, no val de Serantes, en Ferrol.
En 2014 ADEGA dará continuidade ao proxecto "Charcas con Vida" iniciado en 2013. Centos de voluntarios/as axudaron xa a coñecer e conservar as charcas de Galiza. Ti tamén podes colaborar: Enchárcate con nós!
SOGAMA está a intensificar a súa campaña mediática para impedir que os concellos poñan en marcha alternativas á incineración. Co apoio da prensa do rexime, os amigos das dioxinas pretenden intoxicar a opinión pública con datos manipulados e demagoxia
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal