ADEGA vén de comparecer na Comisión Parlamentar sobre Seguranza Viaria para, alén de propoñer medidas concretas, achegar unha reflexión sobre a influenza do modelo territorial e as erradas políticas de transporte que se están a aplicar no país.
Tras un investimento de 1,07 millóns de euros para a prospección arqueolóxica do círculo lítico do Castro de Coeses (Lugo), atópanse abandonados restos cerámicos de elevado interese. ADEGA e Cultura do País esixen a Patrimonio que os preserve.
Convocados pola plataforma a prol de salvar a Malata (Ferrol) do proxecto de pasar o tren ao porto exterior, realizouse unha concentración-reivindicativa no peirao de Ferrol
O acto convocado pola asociación Salvemos a Malata, terá lugar o vindeiro domingo día 6 de abril as 12h na pasarela peonil que está na entrada do peirao carboeiro.
Xa podes descarregar o manual de construción e recuperación de pequenas charcas editado no proxecto Charcas con Vida. O manual amosa os principais pasos para recuperar ou construír pequenos humidais presentando varios exemplos prácticos.
ADEGA, através do Foro do Camiño Primitivo, impugnou ante o Tribunal Superior de Xustiza o decreto de delimitación do Camiño Primitivo por entender que atenta contra os criterios de autenticidade e integridade desta calzada histórica
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal