ADEGA organiza a III xornada sobre o lobo galego para avaliar a situación do lobo no país. Será na Eira da Xoana o 26 de abril, e contaremos coa presenza de expertos e de Marcos Rodríguez, que convivíu 12 anos con lobos e inspirou "Entrelobos"
ADEGA insta a Fomento a que regule as podas que se realizan nas beiras das estradas de cara a establecer un modelo eficiente e respectuoso cos biodiversidade, sen que estas queden ao arbitrio dos operarios, como aconteceu na N-642.
Feijóo e Hernández prometeron a ampliación da Rede Natura galega que, ao non aprobarse, perde 842 ha ao decaer a ZEPVN Miño-Neira. As entidades ecoloxistas galegas demandamos á Xunta que cumpra o seu compromiso e aprobe a ampliación da RN2000 xa!
ADEGA vén de denunciar a tala ilegal de 15 carballos na área de delimitación do Camiño Primitivo, á entrada da capital luguesa, e pide que se investiguen responsabilidades sobre a corta do emblemático Carballo centenario da Chanca.
O pasado 11 de abril, Somos Cedeira e ADEGA realizaron unha mesa redonda e coloquio sobre os impactos do proxecto de Costas de facer un recheo con area exóxena e canalización río sen estudo impacto ambiental. Foi no Auditorio de Cedeira.
Na Rede Natura; na proposta de ampliación da Rede Natura agora parada; en áreas que deberían estar protexidas e non o están porque interesan a alguén... As agresións a hábitats sensíbeis, quer o bosque de ribeira ou a costa, multiplícanse polo país
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal