ADIF vai fletar un tren fumigador para eliminar a vexetación da liña Coruña-Ferrrol. O comboio esparexerá o herbicida nas dúas beiras da vía. Serán milleiros de litros de tóxicos inxectados nos ecosistemas, acuíferos e a carón de cultivos e vivendas
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade está en perigo. Máis encoros, canteiras, autovía A-76, xunto coa desprotección efectiva o abandono do patrimonio natural e cultural perxudican á candidatura. Para a UNESCO non vale todo!
ADEGA denunciou en 2012 a expedición masiva (previo pago) de licenzas de caza sen que os titulares pasaran os preceitivos trámites. Estaban implicados funcionarios de Cons. da Natureza na Coruña e custou a "baixa" a García Borregón, ex-director xeral
Os concursos polo territorio enmárcanse na Campaña “Ponte no medio. Móvete polo territorio”, que ADEGA leva desenvolvendo os últimos 4 anos. O obxectivo é que a sociedade retrate o estado actual do territorio galego a través da imaxe e da palabra.
As conclusións das III Xornadas sobre o lobo galego deste 26 de abril na Eira da Xoana son preocupantes: Con menos recursos alimenticios, máis barreiras entre hábitats e unha crecente presión cinexética, o lobo non ten garantida a súa supervivencia
ADEGA e RÍOS CON VIDA presentaron alegacións aos Mapas de perigo e risco de inundación encargados pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil por usar unha cartografía incompleta e documentación obsoleta.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal