ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Medio rural e montes / Novas /

Novas

Formulario de busca
01/08/2023

Ao xulgado un parque eólico autorizado pola Xunta a Naturgy sobre especies en perigo de extinción

ADEGA vén de presentar un contencioso contra a autorización dada pola Xunta ao parque eólico "Campo das Rosas" de Naturgy por afectar a unha das poboacións máis importantes da Península Ibérica do fento Lycopodiella inundata

+info

28/04/2023

ADEGA denuncia novas plantacións ilegais de eucalipto na Serra do Xistral

Membros da Comisión de Montes de ADEGA nunha saída polos arredores da Serra do Xistral, detectaron nunha soa xornada 17 parcelas con plantacións ilegais de eucaliptos, 12 delas en zona de ampliación da Rede Natura 2000.

+info

30/03/2023

A Xunta roza e causa danos a unha poboación de carballo anano no Monte Pindo

ADEGA vén de denunciar os danos causados a numerosos exemplares de carballo anano (Quercus lusitanica, especie ameazada) por traballos forestais no monte de San Cibrán, en plena Rede Natura 2000 do Monte Pindo,

+info

13/10/2022

A Fiscalía investigará á Xunta pola vaga de lumes deste verán

As entidades de “Por un Monte Galego con Futuro”, da que fai parte ADEGA, presentaran en agosto denuncia na Fiscalía contra a Xunta como responsábel. A Fiscalía iniciou dilixencias en base á denuncia presentada en agosto.

+info

11/10/2022

ADEGA Lugo da comezo ao programa de roteiros deste curso 2022/23 "Depredación da natureza ou autosuficiencia"

Este domingo 16 de outubro damos comezo ao programa de roteiros do curso 2022/23 con andainas polas provincias de Lugo e Ourense, reivindicando a necesidade de conservación da biodiversidade, e a soberanía dos pobos para afrontar a crise ecolóxica.

+info

20/07/2022

Preto dun milleiro de persoas berran LUMES NUNCA MÁIS, en Ourense e Lugo

Centos de persoas e varios colectivos sociais secundaron as concentracións convocadas por ADEGA en apoio á veciñanza afectada pola actual vaga de incendios.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal