No seu informe, o IGME pon en cuestión os cálculos económicos da empresa, cualificándoos de "confusos" e que poderían en certos supostos situar ao proxecto fóra do umbral de rendibilidade.
Risco de contaminación das traídas, dos acuíferos, da atmosfera, de derrubamento... incompatibilidade co aproveitamento gandeiro, forestal... e unha manchea de carencias e inexactitudes, son algunhas das eivas que apontan os departamentos da Xunta
Augas de Galiza vén de achegar analíticas de toda a bacía fluvial na contorna a mina de Touro-O Pino, confirmando o xa apontado por ADEGA nas súas análises: hai contaminación das augas por metais pesados 65 km2 arredor da antiga mina
As numerosas deficiencias deste proxecto fan pensar que se trata novamente de aproveitar un espazo degradado -a antiga canteira de Caslonga- para vertedoiro, como nos casos de Grixoa, Ordes, Trazo, Lousame...
Novo pulo á compostaxe no concello de Santiago de Compostela. Está aberto o prazo para solicitar un composteiro doméstico de 340L para a veciñanza de Figueiras e Gríxoa. Se tes unha horta ou xardín e queres colaborar, apóntate xa!
A Xunta vén de formular DIA negativa do macrovertedoiro de Lousame, unha instalación para soterrar 1 millón de ton. de residuos ás portas da ría de Noia. Esta era unha das metástases da ateigada e insustentábel SOGAMA, mais onde aparecerá a próxima?
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal