O lobby cinexético está a promover un relato falso sobre unha suposta invasión de fauna salvaxe durante o Estado de alarma que calou nas administracións e co que pretenden xustificar o carácter esencial da caza.
A nosa limitación de movementos está a supoñer un alivio para as especies e hábitats que nos rodean, especialmente nesta época de cría.
O colectivo ecoloxista insta ás administracións públicas e privadas e ás persoas a mudar a súa relación coa Terra por outra baseada na complicidade e no respecto. Neste Día da Terra tamén publica 50 Eco-poemas de socias e socios e simpatizantes.
As asociacións ecoloxistas solicitaron no Comité Galego de Caza a suspensión na caza desta ave en perigo de desaparición. Segue aberto o expediente sancionador da Comisión Europea por non conservala debidamente.
Ante a previsión por parte da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da construción da Rolda Leste en Lugo, cuestionamos a necesidade e beneficio dunha vía deste tipo, tendo en conta os impactos que vai xerar.
Nestes días están a aparecer gran número de aves mariñas abeiradas nas praias. Están enchoupadas dunha substancia oleosa, moi probabelmente procedente dun "sentinazo". Pedimos a colaboración da cidadanía para localizar e tratar estas aves
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal