ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
04/05/2020

Proxecto Ríos cumpre 15 anos e renova o seu compromiso cos ríos galegos

Augas de Galicia e ADEGA anovaron esta mañá o convenio polo que se financia o principal proxecto galego de educación ambiental en cursos fluviais.

A presidenta de ADEGA, Virxinia Rodríguez Álvarez, asinou no día de hoxe, xunto con varias representantes da Xunta, a renovación do convenio de colaboración con Augas de Galicia que dota de orzamento o Proxecto Ríos.

+info

27/04/2020

A caza aproveita o confinamento para crear sensacionalismo sobre unha suposta invasión de fauna salvaxe

ADEGA oponse á decisión da Xunta de manter a actividade cinexética durante o estado de alarma.

O lobby cinexético está a promover un relato falso sobre unha suposta invasión de fauna salvaxe durante o Estado de alarma que calou nas administracións e co que pretenden xustificar o carácter esencial da caza.

+info

23/04/2020

O confinamento humano traerá efectos moi positivos para a biodiversidade galega

Un respiro para a biodiversidade galega que ADEGA cualifica de moi necesario, malia que sexa temporal.

A nosa limitación de movementos está a supoñer un alivio para as especies e hábitats que nos rodean, especialmente nesta época de cría.

+info

21/04/2020

ADEGA dedícalle 50 poemas de amor á Terra no seu Día

ADEGA insta ás administracións públicas e privadas e ás persoas a mudar a súa relación coa Terra por outra baseada na complicidade e no respecto.

O colectivo ecoloxista insta ás administracións públicas e privadas e ás persoas a mudar a súa relación coa Terra por outra baseada na complicidade e no respecto. Neste Día da Terra tamén publica 50 Eco-poemas de socias e socios e simpatizantes.

+info

16/04/2020

Ecoloxistas solicitan a prohibición da caza da rula no Comité Galego de Caza

As asociacións ecoloxistas solicitaron no Comité Galego de Caza a suspensión na caza desta ave en perigo de desaparición. Segue aberto o expediente sancionador da Comisión Europea por non conservala debidamente.

+info

11/03/2020

ADEGA cuestiona a construción da Rolda Leste

Ante a previsión por parte da Consellería de Infraestructuras e Mobilidade da construción da Rolda Leste en Lugo, cuestionamos a necesidade e beneficio dunha vía deste tipo, tendo en conta os impactos que vai xerar.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal