Hoxe, 25 de setembro, celébrase outro Día Mundial de Acción polo Clima. Aliás de participar en mobilizacións e actividades, ADEGA esixe das lexisladoras un maior compromiso na Lei de Cambio Climático en tramitación.
ADEGA anima á cidadanía a que, neste 22 de Setembro, Día Mundial Sen Coches, deixe o coche particular na casa e cambie os seus hábitos no referente á súa mobilidade, favorecendo o uso de sistemas de transporte alternativos menos contaminantes.
A plataforma "Galiza, un futuro sen carbón", da que fai parte ADEGA, rexeita a nova tentativa de eternizar o uso de enerxías suxas na central termoeléctrica das Pontes a ravés da queima da mestura de carbón e residuos.
Durante o mes de xullo, haberá un obradoiro de cociña solar, un obradoiro de papaventos, unha andaina percorrendo a historia da auga en Lugo, e a visita a unha olería.
Hoxe pecha a segunda instalación industrial de Galiza con maiores emisións de CO2, despois da térmica das Pontes. O movemento ecoloxista, a través de"Galiza, un futuro sen carbón" celébrao como un importante logro na loita contra a mudanza climática
Ferrol 25 xuño 2020. Moción presentada polo secretario de Adega Ferrolterra no pleno do Concello Ferrol , e aprobada por maioría da corporación referentes a medidas medioambientáis de mellora a tomar en relación coa crise do coronavirus.
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal