Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
O 5 de marzo é o Día da Eficiencia Enerxética. Resulta curioso ver a eléctricas e petroleiras dando consellos á cidadanía para ser máis eficiente no uso da enerxía sendo elas as principais desbaldidoras. Tamén neste día SOGAMA fai do cinismo bandeira
A esistencia dunha "zona de lanzamento de cargas de profundidade e vertedoiro de explosivos" do exército a 21 millas de Ferrol, clausurado en 1995, sementa dúbidas sobre o estado e potencial contaminante dos materiais alí depositados
No último ano, varios países europeos prohibiron a instalación de granxas de visón americano (Neovison vison) e mesmo estableceron calendarios de peche. Arestora, Galiza rexistra un boom de solicitudes para instalar máis granxas, mesmo na Rede Natura
O informe do estado de saúde dos ríos galegos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas nas campañas de primavera e outono polo voluntariado do Proxecto Ríos.
E se en troques dos 23 mil m3 de lamas ácidas vertidas no Monte Neme foran 11 millóns de m3 con altos contidos de As e cianuro da macrobalsa de Corcoesto? Se para a Xunta isto non supón risco algún, estamos ante incompetencia ou desleixo criminal?
SOGAMA está a intensificar a súa campaña mediática para impedir que os concellos poñan en marcha alternativas á incineración. Co apoio da prensa do rexime, os amigos das dioxinas pretenden intoxicar a opinión pública con datos manipulados e demagoxia
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal