ADEGA

ADEGA Nacional

Formulario de busca
02/01/2015

Premios Osíxeno e Dioxina 2014 ás millores e piores actuacións ambientais do pasado ano

Un ano máis, e van xa 14, ADEGA fai públicos os premios OSÍXENO e DIOXINA para recoñecer as actuacións de persoas ou colectivos a prol do ambiente (premio OSÍXENO) ou en contra (premio DIOXINA).

+info

22/12/2015

POR UN NADAL MÁIS VERDE: Consellos para non consumirte nas festas

A crise ca reducir os impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos. ADEGA dache algúns consellos para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso medio

+info

16/12/2014

ADEGA reclama da Xunta máis eficiencia e rapidez nas indemnizacións por ataques do lobo

Para a conservación do lobo resulta imprescindíbel que o pago dos danos ao gando sexa rápido e xusto. Sen a tolerancia dos gandeiros/as a supervivencia do lobo é inviábel

+info

10/12/2014

Xornadas sobre alimentación ecolóxica: Sabemos o que comemos?

Sabemos realmente o que comemos? Quen controla a produción e comercialización dos alimentos? Deixamos a alimentación humana nas mans das empresas agroquímicas ou queremos ser nós os protagonistas e comer sano sen danar á terra?

+info

03/12/2014

Contencioso contra a Xunta pola chafallada xurídica ao denegar protección para o ameneiral de Sarria

ADEGA co apoio da Plat. Sarriana polo Río vén de interpoñer contencioso administrativo pola chafalleira e ilegal actuación da D. X. de Conservación na tramitación e posterior denegación da catalogación do ameneiral de Sarria como formación senlleira

+info

28/11/2014

ADEGA alerta sobre o uso masivo de lamas de depuradora en agricultura sen as debidas garantías

Nunha manchea de concellos e parcelas do país a Xunta autorizou o uso de lamas de depuradora como fertilizante. Esta práctica, realizada sen os debidos controis nen garantías, pode virar na contaminación difusa de terras e augas

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal