Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
Máis de 60 persoas participan na limpeza submarina en Ribadeo organizada por CAS Lugo, CEMMA e ADEGA. Retiráronse máis de 200 kg de lixo grazas á participación do voluntariado tanto en terra como en mar.
27 e 28 de marzo. Santiago de Compostela. Co obxectivos de aprender e debatir sobre as boas prácticas de traballo en rede e desenvolvemento social e institucional da Custodia do Territorio que se están a levar por diferentes redes e entidades
ADEGA vén de apresentar alegacións ao Plano Reitor de Uso e Xestión das Fragas do Eume que a Xunta está a elaborar con 19 anos de retraso. É o parto dos montes: tanto tempo agardando por un PRUX que nace morto, sen medidas concretas e sen orzamentos
Este 5 de marzo iniciaremos dous proxectos de compostaxe (caseira e comunitaria) en Monforte. ADEGA anima á veciñanza a facer parte desta experiencia e demostrar que cando se confía na cidadanía, esta colabora na resolución dos problemas ambientais
O Valedor vén de facer pública a súa resolución logo de que máis de 11.000 persoas e colectivos denunciaramos os impactos da liña eléctrica que Fenosa pretende facer pasar polas fragas de Casas Vellas e Catasós. Xunta e Fenosa fican ben retratadas.
A recente sentenza do Supremo que reafirma a ilegalidade do permiso que Fraga e Feijóo deron a Touriñán, únese á que en 2012 fallou o TSXG sobre a piscifatoría de Rinlo. Dúas actuacións ilegais que custaron ao erario público 1.780.000€
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal