Inicio / Novas / ADEGA Nacional /
Este domingo 24 de abril, no marco da xornada estatal "Axuda a conservar un espazo en custodia", voluntarios/as de ADEGA realizamos o mantemento dos pozos de Castieixas, unha serie de canles e pozas de rega no concello de Montederramo
Neste día adicado pola ONU á Nai Terra, os/as ecoloxistas adoitamos lembar algunha das moitas débedas ecolóxicas que a sociedade ten co planeta. Mais para transcender a mera celebración puntual, ADEGA aposta pola formación continua e a acción directa
Este venres presentamos en Allariz o balanzo de situación do programa RE (recuperar, rexenerar, reiniciar) que o concello está a desenvolver na vila coa colaboración de ADEGA. Toda a cidadanía vai poder compostar os seus residuos orgánicos
A resolución aprobada nas Cortes por estes tres partidos insta ao governo a acelerar a construción da A-76, unha obra innecesaria e carísima que deixa tocados os valores naturais e culturais da Ribeira Sacra
Mediante este acordo realizaranse actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos desta bacía, así como actividades de formación e voluntariado ambiental
A contaminación lumínica, menos coñecida que a acústica ou a atmosférica, é outro xeito de polución da sociedade do consumo. Na semana do 4 ao 10 de abril, pretendemos sensibilizar á cidadanía e ás institucións para loitar contra este fenómeno
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal