ADEGA

Inicio / Áreas temáticas / Conservación e biodiversidade / Novas /

Novas

Formulario de busca
05/07/2024

ADEGA e APDR apoian o ENIL para a illa de Tambo e a preservación dos seus hábitats naturais

ADEGA e a APDR advirten que o ENIL para a Illa de Tambo debe centrarse na conservación e non pode supoñer a urbanización deste espazo

+info

21/03/2024

No Día Internacional dos Bosques, ADEGA propón máis unha ducia de novas Árbores Senlleiras

O 21 de marzo foi declarado pola ONU Día Internacional dos Bosques, coñecido tamén como o Día da Árbore. En Galiza, só determinadas árbores e formacións senlleiras gozan de protección no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

+info

14/03/2024

Salva o Lérez. Stop A-57!

ADEGA impulsa unha campaña para salvar o espazo de Rede Natura do Lérez da autovía A-57

O tramo A Ermida-Pilarteiros da A-57, obxecto do recurso de ADEGA, racharía en dous o espazo natural protexido e zona de Rede Natura do río Lérez.

A campaña de recadación solidaria “Salva o Lérez. Stop A-57” está destinada a acadar os fondos necesarios para poder recorrer a autorización do tramo A Ermida-Pilarteiros da A-57, polo seu impacto ambiental e por fragmentación irregular.

+info

14/02/2024

Investigador@s galeg@s promoven un manifesto en defensa da flora endémica ameazada por ALTRI

Investigador@s e profesionais nos campos da botánica, da bioloxía da conservación, da ecoloxía e da xestión do patrimonio natural lanzan un manifesto para colleitar apoios do mundo da ciencia contra a instalación de ALTRI na Ulloa.

+info

16/01/2024

ALTRI ocultou información sobre o impacto da súa fatoría na Rede Natura e sobre endemismos en perigo

O proxecto da celulosa na Ulloa obvia que vai ocupar un territorio proposto pola Xunta para integrar a Rede Natura 2000 e que contén endemismos galegos en perigo de extinción

+info

11/01/2024

ADEGA Lugo reúnese co grupo municipal do PP

Continuando com as entrevistas solicitadas por ADEGA-Lugo, na passada quinta feira reuniu-se representantes deste coletivo com representantes do Partido Popular do Concelho de Lugo.

+info

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal