ADEGA

Inicio / Novas / Delegacións / O Clube Fluvial de Lugo aproveitou o confinamento...

21-05-2020

O Clube Fluvial de Lugo aproveitou o confinamento para realizar unha tala en Rede Natura

ADEGA e a plataforma Lugo de Cara ao Miño solicitan información ao respecto

O Clube Fluvial de Lugo aproveitou o tempo do confinamento para realizar unhas obras no aparcadoiro que dá acceso ás súas instalacións, que consistiron nunha tala das árbores situadas á ribeira do Río Miño, nun espazo natural protexido como Rede Natura eZEPVN Ladra-Parga-Támoga, zona de protección do BIC Camiño de Santiago e da Ponte Romana de Lugo e zona de dominio público hidráulico.

Grazas á participación cidadá fomos coñecedoras da tala feita, polo que dende ADEGA realizouse unha denuncia ante o SEPRONA, e a plataforma Lugo de Cara ao Miño emitiu un comunicado solicitando información pública da legalidade destas actuacións.


Agora é competencia das administracións confirmar que estas obras estean dentro da legalidade. De non ser así, acaso van ter que repoñer o estado orixinal, ou mais ben terán que pagar unha multa como tantas outras, que ao final pagarán as socias do clube? Pero seguirán actuando do mesmo xeito, considerando que o río é da súa propiedade, e aínda que moi lonxe da realidade, as administracións así o consinten.

No caso de que estas obras foran autorizadas, por todos os organismos competentes, preguntámonos que garantías se lle da ao río e á calidade das súas augas ao construír un aparcadoiro sobre terreos que foron gañados ao río.







Descargas

ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Travesa dos Basquiños, 9-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal