23-04-2020
Desde ADEGA, e como colectivo que forma parte do Movemento Galego polo Clima, apoiamos o seguinte manifesto con motivo da Acción Global polo Clima convocada para mañá venres, 24 de abril, pola Alianza polo Clima, Fridays For Future, 2020 Rebelión polo Clima. A acción consistirá nunha manifestación de luces e sons desde os balcóns para reivindicar xustiza climática e social, mañá ás 22:00 h.
Consulta como podes participar nas seguintes ligazóns:
https://2020rebelionporelclima.net/accion-global-por-el-clima/
https://2020rebelionporelclima.net/en/24a-manifestacion-de-sombras/
https://alianza-clima.blogspot.com/2020/04/materiales-para-la-manifestacion-de.html
Hoxe, cando toda a poboación sofre en carne propia as consecuencias da pandemia do coronavirus SARS-COV2, faise patente o urxente e ineludible que é xuntar esforzos para, solidariamente, facer fronte á enfermidade e as súas repercusións sanitarias e sociais. Non debemos descartar que a actual pandemia da COVID19 sexa unha consecuencia máis do cambio climático e a continuada perda da biodiversidade. Ese mesmo coñecemento, que nos fai entender que estamos ante unha nova manifestación do cámbio climático, lévanos ás organizacións asinantes a continuar coa convocatoria da “Acción Global polo Clima” do día 24 de abril. Ainda que hoxe a crise máis urxente que se esta a dar é a sanitaria, a crise climática segue sendo unha realidade e, a pesar de estar formalmente declarada como emerxencia polo Parlamento Europeo, polo Goberno español e por outras moitas institucións, segue sen ser recoñecida como tal por algúns dirixentes, que optan por desatender as indicacións científicas a través dunha inacción culpable.
Ao mesmo tempo, tamén sufrimos unha perda de biodiversidade a nivel global, moi ligada á emerxencia climática, que está a xerar grandes desequilibrios nos ecosistemas e que, segundo indica a comunidade científica internacional, está intimamente conectada coa aparición de novos patóxenos emerxentes cos que até agora nunca tivemos contacto. Abordar a emerxencia climática e frear a perda de biodiversidade seguen a ser as grandes urxencias do noso tempo e, asemade, son imprescindíbeis para protexernos como sociedade.
Esta crise de saúde pública puxo de manifesto que esa sensación que tiñamos de seguridade absoluta garantida pola tecnoloxía era absolutamente falsa. Tamén mostrou o daniña que pode ser unha crise se nos pilla desprevidas, sen plans de prevención e emerxencia suficientes que poidan facerlle fronte de forma efectiva. Pero máis aló, é unha crise ligada de xeito directo na súa orixe aos modos de produción agraria e gandeira que se basean no uso masivo de agrotóxicos e medicamentos (destrución de ecosistemas e intensificacción das granxas para produción intensiva de carne) e na súa transmisión a unha mobilidade global insustentable de persoas e mercadorías. Se antes de que sexan evidentes os seus efectos máis dramáticos, non temos un plan, non achegamos medios suficientes, non actuamos con convicción e non seguimos as recomendacións que nos marca a ciencia. Se non aproveitamos esta forzada paralización da actividade para reducir e reorientar a nosa actividade, decidida- e rapidamente, alcanzarase un cambio climático de tal magnitude e rapidez que faría imposible a nosa adaptación.
Sería devastador para a maioría dos ecosistemas e as sociedades humanas. A humanidade enfronta unha emerxencia climática sen precedentes na que tamén é necesario actuar coa responsabilidade de protexer a vida en primeiro lugar. Esta defensa da supervivencia debe levarnos a tomar medidas ambiciosas e drásticas, noutras palabras, a asumir o estado de emerxencia climática, impulsando as actuacións necesarias e non as que se presentan como “politicamente posibles”, antes de que a situación nos desborde. Tratemos a emerxencia climática como a crise que é. Actuar con contundencia hoxe fronte á emerxencia climática conseguirá que os impactos ambientais e sociais (incluídas novas pandemias coma a presente) sexan moito menores, aínda que gran parte deles, xa non seremos capaces de palialos.
Estamos ao bordo dun punto de non retorno marcado por unha enorme perda de biodiversidade e polo incremento da temperatura global, que pon en xaque a todo o planeta, incluída a humanidade. As consecuencias do cambio climático son, entre outras, un incremento dos grandes incendios forestais, a proliferación de enfermidades de rexións máis cálidas, secas máis severas, subida do nivel do mar e acidificación dos océanos, choivas torrenciais que provocarán asolagamentos, movementos migratorios motivados pola crise climática…
O quecemento global é consecuencia directa do modelo de produción e consumo que continuamente se demostra incapaz de satisfacer as necesidades vitais das persoas. Un modelo que precariza ás persoas e pon en situación de vulnerabilidade a gran parte da poboación mundial, especialmente ás mulleres, así como aos ecosistemas e o resto de seres vivos que habitan este planeta. Un modelo que arrisca a nosa supervivencia como especie, ao basearse na explotación ilimitada e acelerada dos recursos fosiles, mineiros e naturais, impactando de maneira inxusta nas poboacións máis pobres e vulnerables.Pero, nesta crise, a ciencia tamén sinalou a vía de actuación, que non é outra que a redución e descarbonización do noso sistema económico, especialmente nas sociedades industrializadas occidentais que temos máis responsabilidades e maiores capacidades. Un sistema económico que se paralizou ante a crise do coronavirus e que debemos reformularnos antes de reiniciar. Temos que modificar radicalmente o noso modelo de producir e consumir respectando os límites biofísicos...
Ante iso, as organizacións asinantes, de acordo coa ciencia, manifestamos que si, que participamos da idea da necesidade de apoiar a saída das crises xeradas polo coronavirus, pero matizamos que esta non pode basearse no modelo que nos conduciu ata a emerxencia ecolóxica e social actual. Necesitamos un novo modelo de produción e consumo no que prime a vida, as persoas e a protección dos recursos naturais. Precisamos un modo de vida climatica e socialmente xusto, dentro dos límites naturais do planeta.
Sabemos que a gravidade da emerxencia nos obriga a adoptar cambios estruturais. O que fagamos nesta década condicionará completamente o grao de quecemento que imos sufrir a curto, medio e longo prazo. Será preciso reducir drasticamente os consumos (como o enerxético), cambiar as pautas de transporte e acelerar a transición enerxética desde os combustibles fósiles a un modelo 100% renovable, eficiente, sen emisións contaminantes, xusto e en mans das persoas e non do oligopolio; especialmente desde a óptica do autoconsumo e a descentralización. É necesario un cambio de escala, do global ao local, que poña no centro a redución das longas cadeas de transporte, a posta en valor de modelos alimentarios en consonancia cos límites do planeta. Uns esforzos que deben conducirnos a unha redución drástica das nosas emisións, en liña coas indicacións científicas e alcanzando a neutralidade canto antes.
Asina o manifesto en: https://forms. gle/A24 yB9 mjhqkWv9e36
O relanzamento da actividade non poderá ser considerado social e climaticamente xusto se non incorpora dous principios básicos:
1. Desde o punto de vista climático, enfrontar unha redución drástica das emisións netas de gases de efecto invernadoiro, en liña coas indicacións científicas e alcanzando a neutralidade o máis axiña posible.
A maior ameaza para o medio ambiente galego é a eucaliptización, destinada á fabricación de pasta de papel e proximamente para a industria da biomasa. Destrúe ecosistemas, esgota acuíferos, mata regos e ríos, acentúa as secas e ocupa un chan agrario que precisaremos para desenvolver a nosa soberanía alimentaria. Xunto con esa transformación, outras forzas traballando a prol do despoboamento, son a ocupación de terras por mineiras e parques eólicos que subordinan o interese das poboacións locais e das actividades tradicionais aos intereses das grandes corporacións. Para solventar estas ameazas, desde o Movemento Galego polo Clima propomos:.
2. Desde o punto de vista eco-social, consideración absolutamente prioritaria das persoas e dos colectivos vulnerables, garantindo para elas unhas condicións de vida dignas. A aplicación destes principios reflíctese en moitos aspectos vitais, entre os que destacamos os seguintes:
ADEGA / Asociación para a defensa ecolóxica de Galiza
Avenida de Castelao, 20-Baixo 15704 Santiago de Compostela
Tlf/Fax: 981 570 099 Email: adega@adega.gal